Telegaita

A TVG ou Telegaita é unha compañía de televisión de gran prestixio e con programas de indubidábel calidade. A súa fundación foi aló polo ano 1670 a.C., alguns séculos antes da aparición dos televisores. Mentres tanto, adicábanse a prepará-los guións que conformarían as 235 tempadas de Pratos Combinados. É unha canle que se pode sintonizar en Galiza, España, Portugal, Arxentina e Tuvalu Ulterior.

Programas estrela

– Luar: Programa destinado á xuventude que se emite tódalas noites dos venres ininterrompidamente dende 1939, cando Franco chegou ó poder. Entre os seus contidos atópanse: baile de vellos, gaita tocada por vellos, vellos que cantan, tres vellos contando chistes e chamadas a casas de vellos.

– Pratos Combinados: Serie pioneira do humor intelixente. Os seus protagonistas son Miro Pereira, un Homer Simpson de Galiza e o seu cuñado Morris, un anano con gafas. O argumento é o seguinte: Miro e Morris teñen un plan pra estafar aos seus amigos, sorprendentemente vailles ben, alguén ó final descúbreos e rematan fregando os pratos mentres os seus amigos comen empanada e rín. Esta fórmula funciona dende fai 10
anos.

– O Show dos Tonechos: Trátase dun programa cultural que reflexa a sociedade galega dende una perspectiva intelectual. Os seus presentadores son Tonecho e Tucho, dous expertos da socioloxía galega. De cando en vez alguén remata cunha tarta na cara.

– Xabarín Club: O programa infantil, o mellor da cadea. Foi famoso por Bola de Dragón (cuias
traduccións nas cantigas eran do máis fieis á orixinal), Doraemon (ten un peto máxico) e Arale (famoso o seu episodio da Bosta de vaca, Merda de can e Merdiña de paxaro). Tamén se lle atribúe como o impulsor do Rock Bravú nos 90, é dicir, unha especie de Bola de Cristal pero version “cajonaconaquetepariu”, desgraciadamente, ó Porco Bravo só o viamos os nenos, e cantigas como Carmiña Vacaloura, Churras, Churras, Churras pero que ghalo é ou Ahí ven Tristón o Mangallón non transcenderon máis aló dos recreos.

– Supermartes: Foi un programa innovador onde os haxa. Antes de que existise Boris, na Telegaita xa tiñamos un presentador con máis pluma que a Galiña Caponata, o inefable SuperPiñeiro un mutante un pouco máis alto que Torrebruno e que tamén amenizaba as tardes aos galegos dende a Radio Galega. A pesar do seu nome non sempre se emitíu os martes. Récord absoluto de tempadas en antena das canles de Televisión en España. Comezou a emitirse fai dous séculos e tiveron que vir os sociatas pra cancelá-la súa emisión.

– En Xogo: é o clásico deportivo por excelencia. O seu parcialismo é obxeto de estudo na Universidade de Harvard. En Coruña cren que apoia aos de Vigo, en Vigo cren que apoia aos de Coruña e o certo é que son máis merengues que Deus. Cabe dicir que o comentarista dos partidos do Celta foi violado de pequeno por un cachalote e por iso fala cun ton de voz moi extrano.

– Zapping Comando: Programa orixinal onde os haxa, onde tódolos actores secundarios das series da TVG fan parodias doutras cadeas, inclusive a súa, inda que pareza que o teñas visto nalgún programa (ex: Homo Zapping) son totalmente innovadores polo que cualquera comparación sería unha burda imitacion.

– O Doutor Who (ler O Doutor Ju): serie mítica dos comezos da Telegaita na que un fulano británico de rizos (pode que un parente de Bisbal), con abrigo e bufanda se adicaba ás viaxes entre dimensións utilizando unha cabina de teléfonos. Nesas dimensións atopábase a monstrosos mutantes con cabezas de spaghetti que cuspían blandiblú por tódolos seus poros.

– Perdelo Todo: Programa novo pertencente á “limpeza” que está a facé-lo PSOE en Galiza pra borrar todo o que cheiraba a gañán. Neste programa, sabendo que só van a concursos da TVG rapaces de entre 19 e 28 anos ou de entre 50 e 75 años, todos pertencentes a zonas
rurais, ou, no seu defecto, rururbanas (cidades pero en mini, en plan Xinzo de Limia), pois este concurso trata de fallá-las preguntas, polo que estos ghañáns só teñen que respostar ben ó seu xeito. É destacábel el presentador, un saltimbanqui que se cré simpático que naceu en Vigo oi
na Coruña, debido ó seu acento pouco arraigado.

– Cifras e Letras: Programa aparecido coa chegada ó poder da coalición de nacionalistas e socialistas (nacionalsocialistas, ergo, nazis) no que o 99,9% dos participantes son estudantes da Universidade de Santiago de Compostela. O outro 0,1 son xubilados. Este concurso serve para meter sutilmente as novas palabras do galego normativizado grazas a dous “mestres”: unha con apariencia de fráxil señorita na que se agocha unha verdadeira ninfómana e un señor un pouco modosiño que intenta por tódolos seus medios cepillarse á súa compañeira, algo que nunca
logrará, e menos cós seus chistes coa gracia no cú. Destacábel que o presentador viñera representar en Libro de Familia o papel de camareiro-salseiro-rumbeiro-emigrante retornado.

Outros datos

No logo da TVG, podemos apreciá-la presenza do PP… Na cor azul e a silueta da gaivota… ¿non

Momentos clásicos. Dialogos memorábeis nas películas:

– “¿Cómo?¿Fodiches nela?”: Dille o coleguiña a Michael Douglas en Instinto Básico.

– “Bueno, non empecemos a chuparnos as pirolas”: Harvey Keitel aos matóns de Pulp Fiction.

– “A rañala, raparigo”: O mítico “Sayonara Baby” de Terminator, versión “Jalisia profunda”.

– “Para vencer a Austin Powers témoslle que lle roubar o seu…mollo”: O Doutor Maligno, xunto có seu Minieu, para roubarle o “mojo” a Austin Powers.

– “¿Gustaríache comerme a perrecha?”: Juliette Lewis a Tarantino nunha inolvidábel escea de Aberto até o amencer, en coxunto, unha das mellores adaptacións de guión ó galego de tódolos tempos.

– “És un pimpín Son Goku”: O super guerreiro Vexeta ao seu super enemigo Son Goku.

– Dí a lenda urbana que en Pulp Fiction existe a frase “Coidado con esa rapariga que estudiou no Peleteiro” (Pele pra os amigos; non confirmado).

Otros momentos memorábeis

– “Papá macho paso de todo tiu”: Esta frase, pertencente a Tucho do Show dos Tonechos, foi o vocablo máis repetido por toda a xuventude das areas rurais no 2005, e probábelmente até o 2050. Cabe destacar que ademáis de repetí-lo vocablo esfózanse por poñé-la voz do actor, e no 80% dos casos consígueno.

– “Me cagho na cona que te pariu Ghayoso, hai xente que ten que traballar mañá, carallo” Paisano tras recibir unha chamada do Gayoso de Luar ás 12 da noite.

– “Detesto a miña pixa” Un paciente da serie Nip/tuck (traducida intelixentemente ó galego como Quita e Pon) quéixase do tamaño do seu pene.

– Os comentaristas dos partidos de fútbol da TVG son unha fonte inagotábel de grandes frases: “Vaia ano o de Baiano”.

“Palabros” inventados pola TVG e que ninguén máis utiliza

– Padiolas: díse das camillas utilizadas no fútbol.

– Parabéns: díse da felicitación polas razóns que sea.

– Sobranceiros: díse dos antepasados de alguén.

– Alacante: díse da cidade da Comunidade Valenciana.

– Cecais: din os comentaristas deportivos no canto de quizáis.

– Grazas: expresión de agradecemento en Xunteiro (lingua oficial da Xunta e a TVG), de recente creación; en portugués dise “obrigado”, e en galego, castrapo, castelán, chapurrado, curuñés e vighés dise “gracias”.

– Calquera nome estranxeiro, como “Kloifer” (Kluivert), “Kokí” (Cocu- leer “co cú”), “Flavio Conseisón” (Flavio Conseição), “Luisón” (Luizão), “Cuman/Coeman/Coiman” (Koeman), “Seidorf/Sedorf/Seadorf/Sidorf” (Seedorf) , “Fan Jal”(Van Gaal) ou “Fran de Bur”(Frank de Boer).

Visto en http://galegoman.spaces.live.com/blog/

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *